da Wikipedia galega |
Pola miña experiencia, Agustín era ante todo unha boa persoa. Lémbrome dunha ocasión na que eu estaba a debuxar garabatos (claro) no meu libro de galego, e el o viu pero no canto de enfadarse admirou os meus debuxos, dicindo que o facía moi ben. A xenerosidade e sinxeleza de Agustín déronme tanta vergoña que non deixei de atender ó resto das súas leccións no que quedaba do curso. Nunca, nunca lle escoitamos unha palabra máis alta ca outra, nunca perdeu os nervios, sempre tiña boas palabras para connosco.
A última oportunidade de interactuar co mestre foi a través do Twitter, que usaba con elegancia para pór de relevancia as inxustizas da sociedade actual. Gracias á rede social puiden felicitar o seu derradeiro aniversario: uns 69 anos que son cruelmente escasos para unha persoa do seu calado, literario e humano.
Descansa en paz, mestre. Non te imos esquecer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario